sábado, 21 de septiembre de 2019

Amistosos acougos

Xa ves que me levanto, que a epistemoloxía paranoica continúa funcionando, desta vez para aclarar aspectos confusos das relacións afectivas, como asunto meramente filosófico, xa nen clínico nen sintomático. Entón sí, saín da cama en domingo pola tarde para reflexionar. Punto. Días máis tarde refago esta entrada do blogue, as veces que faga falta. Podería ser que o control sobre os relatos, individuais ou colectivos, xerase tamén certo control sobre a realidade que os inspira. 

E tes razón cando dis que deixar que a xente faga o que lle da a gana é unha estupenda maneira de coñecela. Ainda que tampouco foi tan doado, xa o sabes, fixo falta un bo banquete filosófico, tecnolóxico, ansioso por momentos, posmoderno, ata conseguir acougar en servizos mínimos. Porque somos interdependentes, e negalo é iso que che decía da psicointransixencia neoliberal.

A música actual éche ben diferente, e alá quedou o susto, de momento. Hai resortes saltaríns de feridas profundas da miña biografía, que non podo nen quero esquecer, ao contrario. O que quero é deixalas atrás, ben amarradas no seu sentido, ata onde se poida. Esquecelas non, pero que molesten o mínimo. Iso.

Mergullados como estabamos nesa fantasía adolescente, hai tantas cousas importantes que non se falaron...e de aqueles silencios (impaciente tamén podo ser, podo ser tantas cousas...) estes domingos de ramos. Vexetais, como os brotes. Bifurcados e trifurcados e cuatrifurcados, como a xeometría das ramas do coñecemento. Como a risa que me da verme tan atontada, así visto con certa distancia. Houbo un día, fai pouco, que quixen escreber unha hora seguida sobre a distancia, retorcer o tempo como fago ahora, despistando a temporalidade fordista con recovecos editoriais. O caso é ser un pouco dona do tempo, do xeito que sexa, xa que ignoralo non funciona. 

Fraxilidades luminiscentes como faros. As tipas veña a darlle importancia de máis, os tipos veña a darlle importancia de menos, e xa parece lugar común o medo a que non haxa maneira de atoparse no medio. Eu quería (quero, quero) ser consecuente coa posibilidade dunha historia chula, sen interferencias da traxicomedia do romanticismo. Saber nunca sabes onde estás, pero hai sitios aos que nunca vas porque non se che perde nada. Tes parte de razón cando dis que o romanticismo, ainda que sexa traxicómico, non está mal. Mmmm.... Non paro de pensar, agora xa de xeito cómico, que eu só quería divertirme...

A simplicidade como fake. 
(En caso de emerxencia, música e vía)






No hay comentarios:

Publicar un comentario