domingo, 4 de junio de 2017

Lisca do meu calor e non me tolees.

Os camiños da paixón amorosa a veces son tortuosos. Xeneran sensacións contradictorias moi intensas, e tan intensas e definitivas parecen unhas como as outras. Tan eterno parece o vencello como a distancia. Rainer María Rilke doíase desta forza, de que a semente da planitude fose a mesma que provocaba a dor máis profunda:
                   
                          ¿Cómo termar da miña alma para que non roce a túa?

Nen o sabía Rilke, nen o sabe ninguén. Só nos queda atesourar receitas lindas para levar a tristeza do que non pode ser. Eses tesouros en forma de coidados, maletiñas de emerxencias, pequenas pero sólidas, máis sólidas en tanto que dependen de nós mesmas. Máis sólidas que aquelo que podemos esperar de ninguén que non sexamos nós. Por máis amor que houbera. Por máis que teñamos loitado por ese amor á nosa precaria maneira, que é a nosa, a mesma que xenerou ese sentimento que agora se nos nega.

A contradición habita, como nengún outro sentimento, as chamadas relacións de dobre vencello. Aquelas nas que unha acción ou a súa contraria xeneran exactamente a mesma frustración, e onde non é posible nen sequera falar do que está acontecendo, porque se nega a interlocución. O abano de posibilidades do que se pode facer xuntos redúcese progresivamente a unha única actividade: o sexo. A máis cargada emocionalmente falando, a que xenera e perpetúa a ilusión dunha unión máis sólida, máis duradeira, aquela que parece prometernos a disolución de todas as diferenzas a problemas pasados e futuros. Négase a maior, ao tempo que se acrecenta a fantasía de que non volverá a acontecer aquelo que nos separou. Así, nesta cultura dual e platónica de obsesivas divisións conceptuais, o sexo encárnase como algo separado de todo o demáis, volvéndose por veces metáfora definitiva de todo o que acontece (ou non acontece) fora del. De todo o que gostariamos que acontecera. Unha dualidade nostálxica da ausencia de dualidade. A loucura acompaña esta nostalxia, porque amor e loucura comparten nostalxias, divisións, fantasía e realidade, todo no mesmo espazo-tempo.

Como eu chegara, nalgún tempo xa lonxano, a navegar con certa orientación nos procelosos mares da loucura, pensaba que xa tiña todos os mapas. Tamén pensaba que aquelas brúxulas que tiña atesourado (aquelas que construira artesanalmente, sen guión nen manual), íanme ser útiles nestes mares do norte. Máis encontrei unha friaxe que renegaba de si mesma, coma friaxe e coma punto xeográfico. Eu sempre fun bastante de Cesárea Évora, de temperaturas mornas, ritmos cadenciosos. e sorriso doado. Gardo as espiñas e o xeo para batallas importantes, aquelas nas que se xoga, ben o respeito, ben a saúde mental.

"Agora pra qué falar, se nada ten pra sustentar"

viernes, 2 de junio de 2017

Allá al fondo


Al final de tus desvelos me quedo
con esa incapacidad tuya de sujetarte el alma
justo después de haberme tocado para siempre.

Dulce vibración electrónica, sucedánea del tiempo y de toda posibilidad, no temas ya por mí si no encuentras motivos. Para quien no quiere nada guardo allá al fondo un recuerdo tenue y líquido, como los vínculos frágiles de Zigmunt Bauman. Como la botella de vino que me devolvió a la vida después de ti, teniendo que celebrar que es así como quieres verme. Pero ya no me ves, y poco importa si somos felices de cualquier otra forma.